Translate

miércoles, 19 de diciembre de 2012

VIEIRAS PARA O NADAL II

Xa temos datos oficiais do primeiro día de campaña da Vieira:


 Acadáronse case 3 toneladas.
  • Os precios, oscilan entre los 2,40 e os 4 euros , en función do tamaño e o punto de venda.
  • A maioría vai para o mercado nacional, con garantía de calidad “Pesca de Rías” 
  • Dende a Confraría de Cambados pensan que o 2013 tería que ser o ano para empezar a traballar os mercados internacionales. Cousa que non é doaba xa que Francia ou Inglaterra teñen o seu proio bivalvo.



Completamos a entrada con imáxenes de Mónica Yrago Sobrino (reporteira gráfica de La Voz de Galicia):
Nota: todas as imáxenes foron cedidas exclisivamente para esta entrada en boudevara.blogspot.com e son imaxenes con dereito rexistrado e está prohibo a súa publicación ou distribución en calquera soporte.


1. Barco en arrastre:
 
 


2. Recollendo o rastro:









3. Escollendo:





 4. Desembarco da vieira:




 


5. Limpeza, etiquetado e embalaxe:

 






Remate:          
Neste Nadal pon unhas vieiras na mesa. ¡Un día é un día!.  

Existen moitas recetas ainda que a min persoalmente gústame coma as preparamos nas Rías Baixas, cun sofrito de cebola e perexel ben picadiño, un chico de albariño, unha area de sal e outra de pimentón doce, pan raiado e ao forno a dourar, é nada máis, se cadra unhas pingas de limón ao gusto. Por suposto nada de xamón, tomate e cousas así, que o que fan é afogar o sabor da vieira. E por suposto, acompañar cun viño Albariño..., e como alternativa un Godello ou un Treixadura.
Ala, a disfrutar que se acaba o mundo.

Na prensa:

La Voz de Galicia
Diario de Arousa
Faro de Vigo
 

martes, 18 de diciembre de 2012

VIEIRAS PARA O NADAL

Aínda que non pensábamos publicar nada máis neste ano, a boa nova da apertura da campaña da vieira para a flota de Cambados no sector 4, obríganos tamén a reabrir o blog para dar conta desta boa nova que nos enche de ledicia polo que supón para moitas familias nestas datas de Nadal.

Con este texto abría onte o blog dos rañeiros de Cambados:

"Con semanas de retraso, a flota da vieira dará comezo hoxe á campaña. Toda vez superado o episodio da tóxina  amnésica, os controis indican que xa é posible a súa extracción".


A VIEIRA: Un producto Estrela

A Vieira é certamente un producto estrela na costa galega, e especialmente nas Rías Baixas, onde resulta moi dificil entender un Nadal sen decatar este producto. As imáxenes que imos poñer corresponden á Campaña deste ano realizadas pola reporteira gráfica Mónica Yrago Sobrino e por outra banda, retomamos algúns datos e imáxenes da Campaña do 2008 que se empregaron como material para a elaboración do cuaderno didácto "Aprende á beira do Mar", dirixido a alumnos de primaria e secundaria dentro do programación "Cambados á beira do Mar", froito da colaboración entre a empresa Intramar S.L. ("aula obradoiro Chasula"), as mariscadoras de Cambados "Guimatur", a Confraría de Cambados e a Consellería do Mar.    
 
Imaxe tomada por Mónica Yrago dende Tragobe coa Torre de San Sadorniño ao fondo. Cambados 2012


A flota da vieira en Cambados



Cambados é o primeiro porto de Galicia en capturas de vieira cunha flota de 40 barcos onde se enrolan 120 tripulantes. 

  Zonas de extracción:

As viéiras tómanse na entrada de Cambados , As Meáns, o Galiñeiro, Os Pragueiros , Sálvora, Rúa, As Lobeiras e a costa norte da Ría dende Aguiño ate Boiro.






  • secuencias de arrastre:
     
 os barcos poden largar un ou dous rastros




 
  •   escollendo:



 

 

 

  









  •  Rastro da vieira:


 O rastro da vieira ten os dentes curtos e drobrados cara atrás para evitar que se enterre no fondo.


 

 















  •  Os cupos para esta campaña

Nesta campaña serán 25 kilos de vieira por tripulante, até acadar os 75 k. por embarcación e 3.000 kilos en total.  

Zona de estracción:

Os 40 barcos que sairán no primeiro día desta campaña traballarán na zona aberta, una das dúas sub-áreas da zona 4.

Horario

De nove da mañán até a unha do mediodía, con saída e regreso ao porto de Tragove.

 








  •  A descarga no Porto de Tragobe:
 
 
Toda a vieira ten que pasar por lonxa para despois pasar pola planta de eviscerado.


 


 



 
 


  • As previsións:
"O máis importante para o sector é que sálvase a campaña de Nadal e dende a Cofradía avanzaron que as previsións apuntan a uns bos resultados, tanto en calidade como en cantidade, acadando facilmente unhas capturas por riba dos doce centímetros establecidos, o cal repercute positivamente no precio deste recurso".
(texto: blog rañeiros de cambados").

A previsión é que se chegue a unhas tres toneladas de recurso por cada xornada de traballo. 



  •   A evisceración:
 



Toda a vieira ten que  eviscerarse para a súa comercialización ben en fresco ou en conxelado para evitar así posibles intóxicación por toxinas.  


A encargada de eviscerar o producto que chega á lonxa é empresa Vieirasa. 


A apertura da campaña permitirá combinar a venta de producto fresco e conxelado.

 

  
Luis "O Chiste". Cambados 2008

 Remate:

A pesares de que esta boa nova obrigou dalgunha maneira a reabrir o blog que xa estaba de vacacións (con servicios mínimos), pensamos que vale a pena axudar na promoción deste producto estrela, da flota da vieira en Cambados e por suposto dos mariñeiros e as súas familias.

Ademáis, a entrada sirveme para lembrar a Luís, mariñeiro e amigo que se nos foi este ano, e que no seu momento foi "persoeiro da semana" neste blog cando facíamos esta sección.(déixovos o enlace desa entrada:).

Ata sempre compañeiro.




Datos e enlaces:

Imáxenes: 
Mónica Yrago Sobrino
Arquivo Boudevara

Datos: 
blog Rañeiros de Cambados
Arquivo Boudeva

lunes, 10 de diciembre de 2012

A arrancadeira...

 O señor Majete Boudevara dime que teño o blog abandonado e non falou mal (pero ben tampouco), hai xa algún tempo que non fago algunha entrada, pero é xusto recoñecer que o chiringuito non estuvo mal atendido, xa que foi el quen se encargou de actualizar con uns posts ben interesantes. No mes de xaneiro estarei en disposición de subir a ampliación dun traballo que publiquei hai uns meses sobre as liñas de transporte marítimo na Ría de Arousa.
Concordo nos desexos do meu bo amigo e refrendoos no fondo e na forma. Como non quero que remate o ano sin poñer algo, fixen unha selección (pequeña escuelma) de algunhas fotos deste ano das que teño grato recordo, porque cada fotografía conleva unha historia, grande ou pequena. Nestes meses pasaron moitas cousas, boas e malas... anduvemos algo a vela, un pouco a pescar e bastante nas tabernas, e como sempre hai un movil ou unha máquina de retratar a man, procuro captar algo para a lembranza.

Recén botada

Palmeira, mes de maio
 Faro do Sinás

Regata do Bao

 Bateas

 Arriando cabos

 Regata dos Faros (Foto: M. Muñiz)

 Lady Truel


Illa de Rúa

Con esto remata o 2012 no Boudevara, para o 2013 esperamos poder estar por aquí e tamén por alá; sexa como sexa, vos portádevos ben, ou mal, como máis vos compense!


"Al fin y al cabo, Don Vito, el dinero no lo es todo."
El Padrino II

viernes, 7 de diciembre de 2012

Pechando o 2012


Imos chegando ao remate do 2012, e cecáis ésta sexa a arrancadeira entrada do ano. Con tal motivo, boudevara.blogspot.com, quere pechar con imaxenes que fan memoria e nos deixan un anaco de repouso ao contemplalas. As imaxenes para esta entrada son de tres fotógraf@s profesionais e colaboradores deste blog, e me sirven para agradecerlles a súa aportación ao tempo que convidarvos a converter cada unha delas nun devezo para o ano que ben.

Peche en imáxenes cos ollos de: Fotoluz, Quico e Mónica.

Fotoluz (Cambados)
Imáxenes: VII Encontro de Embarcacións Tradicionais. Cambados 2005    








Devezo 1:
O Encontro de Cambados foi sen dúbida un gran Encontro e vendo estas imáxenes quero enviarlle moitos ánimos e sorte a comisión para a organización do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O Freixo 2013. Que sexa o mellor Encontro.


Quico Álvarez (Cambados)
Fotógrafo freelance


Aínda que nado en Tarragona no ano 1968, Quico viviu noutras cidades como Sevilla, Pamplona ou Barcelona. Agora está afincado en Cambados onde ten raizame familiar, é membro do Clube Mariño Salnés e colaborador deste blog.  








Combarro 2012









Memorial Tito Silva (2011, 2012)













Varada en San Tomé. 2010








Devezo 2: 
A pesares dos moitos atrancos, gustaríame que o pequeno Clube Mariño Salnés de Cambados tivera continuidade no tempo, se cadra nalgún momento podan vir tempos mellores. 



Monica Yrago Sobrino (Vilagarcía de Arousa)
Reporteira Gráfica. La Voz de Galicia
Imaxenes: X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Carril 2011.
 


 





















































devezo 3:

Imaxenes de moitos barcos e xentes, de distintas procedencias, navegando, cantando..., que a alegría siga a ser o cadixo que nos xunta e se impoña sobre tanto desencontro.


remate:

Ben, depois de formular estes tres desexos para o ano que ben, quero finalizar esta entrada, agradecendo aos tres fotógraf@s, Monica, Fotoluz e Quico, a cesión das imáxenes e convidarvos a seguir amosándonos o mar, os barcos e as persoas que o fan posible.
Agradecervos a todos os seguidores do boudevara a participación, xa que sin vos, publicar nun blog non tería xeito ningún, e vos animo a que sexades máis activos nos comentarios. Non vos imaxinades os ánimos que dan, son sen dúbida o mellor agasallo para un blogueiro. Ánimo 
E por último alentar aos todos os blogueiros a continuar publicando, porque ainda que ás veces abrolla a preguiza, penso que a través dos blogs faise un traballo inmenso na divulgación da cultura marítima, ademáis, por suposto, de darnos momentos de divertimento impagables.
A tod@s, moitas gracias, vémonos no ano que ben contando as cousas que vos gustan.