Translate

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Coa sombra do teu nome


O vindeiro venres, 2 de decembro ás 20.30 horas, vaise presentar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do Grove a novela "Coa sombra do teu nome", do autor grovense Pío Dalonga e publicado por Todogrove Edicións.

Sempre é unha boa nova que saian á rua productos culturais, e sobre todo como é o caso deste libro, que é o primeiro volume que publica Pío Dalonga (O Grove, 1962), un habitual da creación literaria en xornais, revistas e outras publicacións de ámbito local, comarcal e incluso galego.
Pío é unha persoa moi coñecida e querida na súa vila, os que o tratamos desde hai preto de 20 anos, como é o meu caso, sabemos moi ben que é unha fonte inesgotable de coñecemento literario e un amante da poesía, en particular, ademais de ter unha curiosa capacidade de relatar os feitos cotiás, pero sempre imprimíndolle o seu inimitable estilo.
"Coa sombra do teu nome" é a recompilación dunha serie de feitos acaecidos entre 1995 e 1996, que finalmente o autor se decidiu a recompoñer a partir de vellos escritos. O resultado é unha historia na que Ela é a única protagonista.

Non vos imos a destripar a novela, que se poderá mercar nas librerias desde esta mesma fin de semana, pero si que vos animamos a leela e tamén a participar na presentación.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Obituario: Pepiño Branco

Pepiño Branco, no chan, e Minero, enriba do banco.

Dende as húmidas terras de Ombre, cauce do Río Longo, afluente do Eume, chégannos desalentadoras novas que obrigan ao Boudevara a enarbolar o crespón negro.
O que noutrora lucira maxestuoso e albino como na foto que precede estas verbas, non era outro que Pepiño Branco, irmán de sangue do celebérrimo Chícharo (o galo navegante do que xa temos dado conta neste humilde espazo), non puido soportar a presión dos moitos procesos e operacións abertas contra el... foi deste xeito como abandonou aos seus semellantes e a aqueles que o acolleran e lle deran a boa vida que o levou ata os 8 kg de peso.

A súa desconsolada familia

Os seus desconsolados parentes e benefactores, (que prefiren permanecer no economato) rogan unha oración pola alma de Pepiño Branco, ao tempo que, enchidos de dor, teñen un intre na memoria para o Chícharo, que quedou de fecundador das pitas da illa de Cortegada. Oremos...