Translate

martes, 18 de agosto de 2009

O RAKÚ

Amarrado en Muros. Foto: Joan Sol


Xa temos falado nalgunha que outra entrada sobre o racú dos Amigos da Dorna Meca. Hoxe volveremos sobre os nosos pasos para afondar no carácter desde barquiño e a súa navegación. O RAKÚ, que así se chama, mercouse en Cambados nos primeiros tempos da Asociación, cando Manolo Parada e compañía botaban o tema a andar. O barco traballou como naseiro e estaba algo tocado pola falta de uso. Cando chegou ao Grove os irmáns Garrido ocupáronse de axeitalo, de casco e cuberta, e aparellouse para velear.
Por circunstancias inherentes ao xeito de funcionar e a vida das asociacións o Rakú caeu no desuso, cousas que pasan… e foi no 2004 cando se lle volveu a botar a man, con moita boa intención pero con demasiados bances tocados como para ser “remendos”.
O racú en 2004 foi "asistido" de novo. Foto: Lino Prieto

Finalmente valorouse solicitarlle á Consellería de Pesca, agora de Mar, a posibilidade de que os alumnos do módulo de Carpintería de Ribeira do Centro de Formación A Aixola, ponderan formarse e empregar o seu tempo na restauración de un barco real e ao que se lle daría uso unha vez recuperado.
Así foi, o barco estivo un tempo en Marín e volveu para O Grove, onde continúa a darlle satisfacións aos que o empreñan para velear. A súa primeira saida unha vez reparado foi para participar no IX Encontro de Muros, a onde foi e volveu sobre a toldilla do Hidria (de novo gracias!).

Navegando en Muros. Foto: Joan Sol


En Muros houbo unha anécdota ben bonita, cando varios dos Amigos da Dorna Meca estaban a aparellar para sair achegouse un rapaz no pantalán que prestaba moita atención á manobra, preguntou se ese era o “racú do Grove” ao que se lle contestou que si, resulta que este mozo traballou na rehabilitación do barco nun dos cursos da Aixola. Inmediatamente foi convidado a embarcar e pasar a tarde veleando na saída a Monte Louro.
Hoxendía o Rakú está amarrado no porto meco e sae cada pouco a navegar.
No porto do Grove. Foto: Lino Prieto

Particpando na II Regata de Clásicos, San Vicente. Foto: Lino Prieto

miércoles, 5 de agosto de 2009

Fomentar as embarcacións tradicionais

As "tripulantas" abordo da Meca. Foto: Martina Miser


A Asociación de Amigos da Dorna Meca está a facer saídas abeertas de navegación, un método práctico e real para fomentar as embarcacións tradicionais e a súa navegación. Na primeira saída embarcaron: Lara, que ven desde Santiago, Rocío, María, chegadas desde VIlagarcía, e Martina, unha moza de Cambados que traballa como fotoxornalista na Voz de Galicia que, que onte sacou unha reportaxe sobre a iniciativa coas fotos que fixo da travesía, podedes vela pinchando sobre a seguinte imaxe.



Recorte da reportaxe na voz