Translate

miércoles, 9 de septiembre de 2009

Pechamos Muros 2009

Montaxe stand Intramar. carpa dos Museos. 1º día do Encontro
Foto: Lino Prieto


Ben, son horas de poñer ponto final ó IX Encontro-Muros 2009.


Na primeira aproximación e a “ bote pronto” destacamos que o Encontro foi un éxito sen tacha, en grande medida pola implicación e participación da veciñanza muradana.



Ate o de agora se fixeron análises (externas na maioría dos casos,) e todas reflicten máis ou menos o mesmo, éxito e moi bo rollo, e neste blog estamos de acordo.


Todo esto está moi ben, pero a nivel interno e pasados dous meses, se deben ter en conta algúns datos e analizar algúns indicadores para saber si seguimos unha tendencia a alza na organización do Encontro ou polo contra a cousa está estanca ou vai a menos.



Asistencia.


Un dos indicadores principais nun Encontro é a asistencia de barcos, tanto en número, como diversidade de tipoloxías, interese das mesmas, procedencia dos barcos, etc. Pois aínda que Muros tivo unha participación alta, está por debaixo doutros Encontros, e esta pequena baixada vai en todos os termos antes descritos: número, diversidade, procedencias, ….


Polo tanto neste senso deberase analizar o porqué. Apunto varias cousas:
Organizar un Encontro na Ría de Pontevedra ou Arousa non é mesmo que en outras Rías (xa o sabemos todos), e polo tanto se necesitan medidas de reforzo para garantir a presencia de embarcacións que teñen complicado unha longa navegación e non dispoñen de medios de transporte por terra. Sempre se habilitou unha partida orzamentaria para estes casos, así como tamén para barcos de “interese especial”, eses barcos que en algúns encontros é oportuno contar con eles. A todos nos consta que moitos barcos da nosa flota tampouco estiveron.

Os barcos grandes da nosa flota asistiron "en por eles"
Foto: Lino Prieto


Convidado de honra:


Dende a Illa de Arousa 2001 se considerou oportuno ter unha presencia conmemorativa dalgún país, rexión ou costa coa que se teñen ou se queren ter unhas relacións preferentes. Foi o caso de Portugal ou do Mediterráneo noutras edicións.
O País Vasco tiña todas as papeletas pero finalmente non foi, e mesmo a presencia vasca estivo comprometida ate o último momento, en gran medida, pola forma en que se levaron as cousas. Por outra banda e aínda que non é de obrigado cumplimento adicar un Econtro a un territorio, sempre se perde unha oportunidade de contactar con outras realidades marítimas, e o que é peor, denota e pon de manifesto que non se fixo traballo previo de contacto "alen das nosas fronteiras" dun Encontro que dende ai anos ten o cartel de internacional (máxime neste ano onde a FGCMF entra a formar parte de European Marítime Heritage).
.

Os mariñeiros de Albaola no stand da FGCMF. Foto: Lino Prieto



Carpas:


Pese a ter escoitado por aí que o Pavillón dos Museos foi maravilloso e o mellor ate o momento, teño que decir que non. Foi o máis “escaso” dende que se incorpora este Pavillón na organización dun Encontro. Nada que ver por exemplo coa Illa ou Cambados, e por suposto se temos unha referencia temporal alta, todavía temos que superar o “Pavillón dos Museos” celebrado con motivo da “Feria del Mar” no ano 1945 en Vigo con fondos principalmente do Museo Massó e do Museo de Pontevedra.

Con respecto á carpa para empresas e actividades culturais vencelladas co mar, simplemente non existiu. Algo que xa pasou en Ferrol, e Muros confirma a tendencia. As empresas adicadas ó patrimonio marítimo non teñen apenas cabida nos Encontros, é triste pero é unha realidade. Esto trae conseu que o público en xeral non pudese ter por exemplo, unha oferta de saídas en barcos de interese cultural e patrimonial para ver a Ría, ter programas didácticos ou simplemente seguir a navegación dos barcos asistentes o Encontro. Tan só o Hidria na tarde do sábado (e na mañá do domingo nun acto do programa) e o Chasula, fora de programa e levando á xente de gratís, cumpriron este cometido.




Chasula e Hidria II. Fotos: Lino Prieto


Amarre dos barcos.


Polos motivos que xa sabemos o amarre tivo un “valo de Berlin”. Pero esto non pode acontecer nun Encontro. Por outra banda se comete o erro de non sacarlle máis partido ós barcos e os pantaláns. Por exemplo un par de focos para iluminar á flota pola noite ou realizar algunhas actuacións de animación nos barcos. O Ría de Ferrol ou o Vieta poden acoller espectáculos, e xa non digo nada do Hidria ou outros barcos que non asistiron (Nieves, Náuja,...).

Con respecto ós barcos, tamén se aprecia un novo distanciamento cos veleiros clásicos. Dende ai anos se teñen en conta por moitos motivos (técnicas e material de construcción, velas, sistemas de aparellamento e navegación, etc.) pero nesta ocasión non se viron.


Para rematar destacar que o que sempre queremos que sexa o primeiro, sempre queda para o final.:



A Seguridade: A pesar de ser unha travesía dificultosa e mesmo perigosa, non existiu dispositivo coordinado para a navegación, nin para a chegada nin para o regreso. Afortunadamente tan so tivemos un susto para aprender, ou reaprender.


Esta análise faise porque neste blog non somos autocomplacentes e pensamos que a FGCMF tampouco, se así fose non se tería feito case nada. Por outra banda xa estamos a pensar no vindeiro Encontro e coa intención de contribuir a que os que veñan sexan os mellores. Coma sempre agardamos que o que conta este blog sexa de utilidade, bo proveito.



outras cousas
ENQUISA ILP ENCONTRO
Durante un mes se fixo neste blog unha enquisa para saber da opinión sobre a proposta de facer unha iniciativa lexislativa popular para acadar un respaldo institucional permanente para o Encontro. Imos pechar o tema:
Participación: 11 votos
Resultado: 10 a favor, e 1 en contra
Valoración: ate o momento nada de nada
Coma sempre o xefe de mesa unha vez levantada acta recolleu a mesa e marchou.

lunes, 7 de septiembre de 2009

Parrocheira 2009.

Esta fin de semana celebrouse en Ferrol Vello, no porto de Curuxeiras, a XVII edición da Parrocheira. Os festexos comezaron o sábado cun nordés bastante fresco, os barcos sairon ao mar e houbo algun que outro susto pequeno pero sin que ninguén se mancara. O Nove Metros tivo algunha dificulta que lle provocou un anegamento de auga, chegaron a terra pero houbo que reflotalo, tras unha primeira inspección o barco non tivo danos.


Revisando a caixa negra do Nove Metros
A xornada do domingo foi algo máis relaxada que a do sábado, houbo tamén navegación, un ano máis tivemos oportunidade de velear no Ría de Ferrol, co amigo Bedoya de Capitán e Xefe de Maquinarias Varias. O vento xa non foi como na xornada previa pero permitiu unha navegación ben cómoda.
Don Bedoya: vuelve el hombre
Ainda que o domingo faltaban xa os barcos de Redes e Ares, entre as embarcación atopámonos algunhas das dornas da Illa de Arousa, tamén o Punta Pragueira, o Galeón da Asociación de Amigos das Embarcacións Tradiconais da Coruña, e tamén andiveron por alí os Mariñeiros de Bouzas, que arriaban cabos despois do xantar, baseado no caldo limpo (o marmitako papárono o día antes), xamón e marscos de cortello pasados pola grella.
As dornas da ENT da Illa de Arousa
Alegrámonos do carácter continuista da Parrocheira: o Cabazo, Susa toda atareada, moitos paus de madeira, a flota de embarcacións tradicionais de Ferrol (non hai duas ijuales) en completa mobilización, o bo ambiente en terra e a gran idea da Operación Acougo.
O Ría de Ferrol descansa en Curuxeiras